viernes, 18 de mayo de 2007

CAMBIO CLIMÁTICO



ALGUNHAS DIRECCIÓNS ÚTILES SOBRE O QUECEMENTO GLOBAL

Portal da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia sobre cambio climático:
http://climantica.org/roller/index.jsp

Enlace á enciclopedia da vida:
http://www.eol.org/home.html

Páxina sobre cambio climático da Comisión de Medio ambiente da Unión Europea:
http://ec.europa.eu/environment/climat/campaign/teachers_es.htm

Enlace a Medio ambiente para os xóvenes de Europa:
http://ec.europa.eu/environment/youth/index_es.html

Portal sobre cambio climático e quecemento global:
http://www.cambioclimaticoglobal.com/index.html

Fuentes de energía:
https://www.ambientech.org/ambientech/spa/animation/fuentes-de-energ%C3%ADa-renovable-versus-no-renovable

Fuentes de energía renovables (Infografía Eroski)
http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/energia_y_ciencia/2005/06/30/143365.php

VIDEOS SOBRE CAMBIO CLIMÁTICO




NOTICIA SOBRE OS DESXEOS DO ÁRTICO

jueves, 17 de mayo de 2007

APUNTES E PROBLEMAS RESOLTOS SOBRE FQ 4º ESO

Páxina do IES Juan A. Suanzes, de Avilés (Asturias), onde atoparedes apuntes e problemas resoltos sobre temas de FQ de 4º de Eso

http://web.educastur.princast.es/ies/juananto/FisyQ/apun4.htm

PÁXINAS DE INTERESE SOBRE A ENERXÍA

ENLACES A DIRECCIÓNS INTERESANTES SOBRE ENERXÍA

Animación sobre a experiencia de Joule:
http://newton.cnice.mecd.es/escenas/calor_temperatura/experienciajoule.php

Enlace sobre enerxía e traballo da editorial Santillana:
http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1183

Unidade sobre a enerxía e o traballo do proxecto Newton do Ministerio de Educación:
http://newton.cnice.mecd.es/4eso/trabajo/indice_trapoenedinewton.htm

Páxina sobre enerxías renovables, feita en Galicia, en galego:
http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2004/b/enerxiasRenovables/index.html

PROBLEMAS E ACTIVIDADES DE ENERXÍA

Uns problemas sobre enerxía

ENERXÍA, TRABALLO E CALOR

1. Un obxecto de 12 kg de masa cae, desde o punto máis alto dun plano inclinado 30º, percorrendo 10 metros por el ata o punto máis baixo. Calcula:a) a enerxía potencial no punto A (utiliza os teus coñecementos de trigonometría);b) a enerxía cinética no punto B;c) a velocidade coa que chega ao momento máis baixo; d) a aceleración do móbil polo plano (supón que non existe rozamento). (Rta.: Ep = 588 J; Ec = 588 J; v = 9,9 m/s; a = 4,9 m/s2)

2. Un obxecto de 5 kg cae por un plano inclinado 30º, de 25 metros de lonxitude, partindo de parado. Se supoñemos que perde 200 xullos en traballo de rozamento, calcula: a) a forza de rozamento; b) a enerxía potencial que ten o obxecto arriba; c) a enerxía cinética que ten ao chegar abaixo; d) o tempo que tarda en baixar. (Rta.: Fr = 8 N; Ep = 612,5 J; Ec = 412,5 J; t = 3,85 s)

3. Unha pelota de 1 kg déixase caer, verticalmente desde 10 metros de altura. Se cada vez que bota no chan perde un 20% da enerxía que levaba antes de botar, calcula:a) a velocidade que levaba xusto despois do primeiro bote;b) a altura alcanzada tralo segundo bote;c) ¿En cántos botes a pelota terá menos da metade da enerxía inicial? (Rta.: v = 12,52 m/s; h = 6,4 m; 4 botes)

4. Un obxecto de 5 kg cae por unha pendente inclinada 30º. Se arriba ten unha enerxía potencial de 500 J e chega abaixo cunha enerxía cinética de 350 J, calcula:a) A altura de sdea que saíu;b) a velocidade coa que chega abaixo o obxecto;c) o traballo perdido en rozamento;d) a distancia percorrida polo plano. (Rta.: h = 10,2 m; v = 11,83 m/s; WFr = 150 J; d = 20,4 m)

5. Estamos en Port Aventura. No primeiro descenso do Dragón Khan, desde 50 metros de altura, chégase ao momento máis baixo a 108 km/h. Se a masa total do tren, coas 28 persoas a bordo, é de 2000 kg e sabendo que a forza de rozamento é de 1000 N, calcula: a) o traballo perdido en rozamento ao chegar abaixo; b) a distancia que percorre o tren desde o punto máis alto ao máis baixo; c) a aceleración que sofre o tren; d) o ángulo da pendente. (Rta.: WFr = 80.000J; d = 80 m; a = 5,625 m/s2; a = 38,68º)

6. Tralo primeiro descenso do Dragón Khan, comeza a subida pola seguinte rampla, que ten 40 metros de altura, chegándose ao momento máis alto en 6 segundos. Se a masa total do tren, coas 28 persoas a bordo, é de 2000 kg e sabendo que se perden 196000 J en traballo de rozamento, calcula: a velocidade coa que empeza a subir, en km/h


Se tes algunha dúbida sobre a solución dalgún problema mándame a dita dúbida ao e-mail: jmgarga@hotmail.com