jueves, 17 de mayo de 2007

PROBLEMAS E ACTIVIDADES DE ENERXÍA

Uns problemas sobre enerxía

ENERXÍA, TRABALLO E CALOR

1. Un obxecto de 12 kg de masa cae, desde o punto máis alto dun plano inclinado 30º, percorrendo 10 metros por el ata o punto máis baixo. Calcula:a) a enerxía potencial no punto A (utiliza os teus coñecementos de trigonometría);b) a enerxía cinética no punto B;c) a velocidade coa que chega ao momento máis baixo; d) a aceleración do móbil polo plano (supón que non existe rozamento). (Rta.: Ep = 588 J; Ec = 588 J; v = 9,9 m/s; a = 4,9 m/s2)

2. Un obxecto de 5 kg cae por un plano inclinado 30º, de 25 metros de lonxitude, partindo de parado. Se supoñemos que perde 200 xullos en traballo de rozamento, calcula: a) a forza de rozamento; b) a enerxía potencial que ten o obxecto arriba; c) a enerxía cinética que ten ao chegar abaixo; d) o tempo que tarda en baixar. (Rta.: Fr = 8 N; Ep = 612,5 J; Ec = 412,5 J; t = 3,85 s)

3. Unha pelota de 1 kg déixase caer, verticalmente desde 10 metros de altura. Se cada vez que bota no chan perde un 20% da enerxía que levaba antes de botar, calcula:a) a velocidade que levaba xusto despois do primeiro bote;b) a altura alcanzada tralo segundo bote;c) ¿En cántos botes a pelota terá menos da metade da enerxía inicial? (Rta.: v = 12,52 m/s; h = 6,4 m; 4 botes)

4. Un obxecto de 5 kg cae por unha pendente inclinada 30º. Se arriba ten unha enerxía potencial de 500 J e chega abaixo cunha enerxía cinética de 350 J, calcula:a) A altura de sdea que saíu;b) a velocidade coa que chega abaixo o obxecto;c) o traballo perdido en rozamento;d) a distancia percorrida polo plano. (Rta.: h = 10,2 m; v = 11,83 m/s; WFr = 150 J; d = 20,4 m)

5. Estamos en Port Aventura. No primeiro descenso do Dragón Khan, desde 50 metros de altura, chégase ao momento máis baixo a 108 km/h. Se a masa total do tren, coas 28 persoas a bordo, é de 2000 kg e sabendo que a forza de rozamento é de 1000 N, calcula: a) o traballo perdido en rozamento ao chegar abaixo; b) a distancia que percorre o tren desde o punto máis alto ao máis baixo; c) a aceleración que sofre o tren; d) o ángulo da pendente. (Rta.: WFr = 80.000J; d = 80 m; a = 5,625 m/s2; a = 38,68º)

6. Tralo primeiro descenso do Dragón Khan, comeza a subida pola seguinte rampla, que ten 40 metros de altura, chegándose ao momento máis alto en 6 segundos. Se a masa total do tren, coas 28 persoas a bordo, é de 2000 kg e sabendo que se perden 196000 J en traballo de rozamento, calcula: a velocidade coa que empeza a subir, en km/h


Se tes algunha dúbida sobre a solución dalgún problema mándame a dita dúbida ao e-mail: jmgarga@hotmail.com

2 comentarios:

  1. ¿En el ejercicion numero 1, cuándo se refiere al punto "A" quiere decir el punto más alto o el más bajo con respecto al plano inclinado?

    ResponderEliminar
  2. O punto A é o punto máis alto do plano inclinado e o punto B o máis baixo

    ResponderEliminar